Ben que choveo dende que me dixen:
A partir de agora vou a falar en galego.
E feito, así foi, moito choveu dende aquel día, dende aquel mesmo instante.
A escritura quedou pendente.
De moi cando en cando teño feito escritos en prosa poética, tanto en galego como en castelán.
A verdade, gústame máis expresar aquelo que quero transmitir facéndoo en galego.
As veces non é doado, pero por unha cousa ou outra empezan a sair as palabras, a expresión en escrito do que pola mente pasa.
O proceso e resultado final soe ser moi satisfactorio e grato.
Moi recentemente fixen uns pequenos escritos xirando entorno a un mesmo tema e que titulei “Sete vidas en dez rúas“.
Que gratificante!
Foi ó impulso.
A semente de querer afianzar, ou facer realidade, ese propósito pendente de escribir en galego sobre o que surxa.
Xogar cas palabras, gozar con elo.
A portas do 2024.
Así é como rexistrei o dominio baixo o que estás, un paso máis na conquista.
Letra a letra.